Os listados das persoas admitidas e en lista de agarda están elaborados por actividade e por rigorosa orde de rexistro de entrada.

Na actividade de Fútbol Sala están todos os nenos e nenas admitidos/as, nas súas correspondentes categorías.

Na actividade de “Zumba” Infantil e nos grupos 1 e 2 de Pádel, non saen os listados de admitidos/as debido a que non se chega ao número mínimo de participantes en cada grupo. Abrirase de novo o prazo de inscrición para cubrir as prazas, completar os grupos e poder realizar a actividade.

Tamén se abrirá de novo o prazo de inscrición para cubrir as vacantes que quedan nas diferentes actividades.

As persoas admitidas que se queiran dar de baixa, antes de empezar a actividade, poden facelo ata o martes 30 de setembro pero están obrigadas a aboar a cota de matrícula igualmente.

No caso de haber baixas nos distintos grupos, as prazas vacantes iranse cubrindo coas persoas da lista de agarda por rigorosa orde de rexistro de entrada.