Escola de deportes de Guitiriz

O deporte é saúde

Benvido a Guitiriz, un encantador municipio galego situado en Lugo, que se enorgullece de ofertar unha ampla gama de actividades deportivas para tódalas idades, entre as que podes atopar sendeirismo, fútbol, ciclismo, baile, atletismo e un longo etc.

Dende a Escola de Deportes de Guitiriz dedicámonos a promover un estilo de vida activo e saudable, brindando oportunidades para que a comunidade se involucre nas diferentes disciplinas deportivas. Contamos con instalacións e programas deseñados para adaptarse a tódalas idades e niveis, dende os máis pequenos ata os máis experimentados.

Explora as opcións que ofertamos e descubre como podes formar parte desta comunidade deportiva!

Pavellón Jonathan Carro Paz

¿Queres incribirte ás nosas actividades?

Descubre cómo facelo nas instalacións do Concello de Guitiriz ou na nosa Sede electrónica.

Prazo de inscrición:

Setembro.

Inscricións:

  • A través do Concello en horario de 8:30 a 14:30h con cita previa obligatoria.
  • A través da Sede Electrónica do Concello.
*Non se rexistrarán solicitudes sen cita previa.

As prazas daranse por rigorosa orde de inscrición.
A mesma persoa non pode inscribirse na mesma actividade en dous grupos distintos.

Prezo das actividades:

  • 12€/mes por alumno/a e actividade (segundo a ordenanza municipal vixente).
  • 10€ de matrícula que se abonará unha vez que a persoa estea admitida na actividade solicitada.
  • Descontos:
    • 20% aos membros de familias numerosas.
    • 20% na segunda actividade por estar matriculado/a en dúas ou máis actividades das escolas deportivas municipais.
    • Descontos para familias con poucos recursos (consultar en Servizos Sociais do Concello).

Baixa nas actividades:

Debe presentarse a solicitude de baixa no Concello antes de rematar o mes anterior ao que non se quere asistir á actividade. De non ser así, seguirase pasando o recibo ao cobro.