No noso centro, ofrecemos clases adaptadas para todos os niveis de habilidade. Desde os primeiros pasos na ximnasia ata o desenvolvemento de rutinas complexas, axudamos ao alumnado a expresarse a través do movemento e da música.
Únete a nós e descubre a beleza e a diversión da ximnasia rítmica en Guitiriz.
Para poder inscribirte nas actividades deportivas accede á Sede electrónica do Concello e cubre unha Instancia xeral.
Grupo 1
Luns de 16.15 a 17.15 horas no Pavillón Municipal Jonathan Carro. Máximo 12 e mínimo 8 participantes.
Grupo 2
Luns de 17.15 a 18.15 horas, no Pavillón Municipal Jonathan Carro. Máximo 12 e mínimo 8 participantes.