Ata 40 persoas participaron na ruta do Camiño Real por San Salvador o domingo, 13 de outubro, na que foi a sexta saída do programa ‘BTTeando por Guitiriz’, organizado polo Concello e o Club Btteiros Cova da Serpe.
Tratouse da primeira proba despois da pausa estival e, unha vez máis, a cita conseguiu reunir a varias decenas de persoas, que puideron gozar dun percorrido de 20 quilómetros pola contorna da capela de Bascuas e polo Camiño Real, na parroquia de San Salvador.
Aínda que á primeira hora a néboa foi protagonista, finalmente o ceo terminou despexándose e os participantes puideron gozar da ruta, que deu comezo ás 10:00 horas na capela de Bascuas, mesmo punto onde concluíu o percorrido.
Ademais da ruta, os participantes tamén puideron escoitar a Don Alfonso Blanco Torrado na capela, quen explicou a historia e os detalles do edificio.
0 Comments
Leave A Comment