Este domingo, 26 de marzo, os programas ‘Guitiriz en Ruta’ e ‘Btteando por Guitiriz’ compartirán camiño nunha saída conxunta pola Ruta da Pedra de Díaz Castro nos Vilares, que servirá como despedida para ambos antes do paréntese de verán. 

A saída está prevista para as 10 horas desde o Merendeiro dos Vilares. O prazo para inscribirse remata este xoves, 23 de maio, e pode facerse de xeito presencial na casa do concello ou por teléfono no 982 370 109 ata as 15 horas. No caso do ‘BTTeando por Guitiriz’ tamén se pode formalizar no Club BTTeiros Cova da Serpe.