O Pavillón Municipal Jonathan Carro Paz acollerá o ‘II Trofeo Concello de Guitiriz’ de tiro con arco o sábado 23 de novembro. O torneo está organizado polo Concello en colaboración co Club de Tiro con Arco de Guitiriz.
O evento dará comezo ás 16:45 horas, cando terá lugar a recepción dos arqueiros participantes e as tiradas de práctica. Posteriormente, xa ás 17:15 horas, dará inicio a competición, que conta coas categorías esquio, benxamín, alevín, infantil, novel e sénior.
As inscricións, que teñen un prezo de 5 euros, estarán abertas ata o martes 19 de novembro e pódense realizar a través da Asociación Deportiva Tiro con Arco Adarve, no teléfono 657 452 593 ou no correo electrónico arcoadarve@hotmail.com.
0 Comments
Leave A Comment