Este domingo, 27 de outubro, volve o programa de sendeirismo ‘Guitiriz en Ruta’, organizado en colaboración co Concello de Guitiriz.

Nesta ocasión realizarase a andaina ‘Camiñando entre provincias’, que conta cun percorrido de 13 quilómetros e medio de dificultade baixa que atravesa as provincias de A Coruña e Lugo.

O itinerario comezará ás 10:00 horas desde a Igrexa de Santa Mariña, que tamén será o punto de chegada.

As inscricións son gratuítas e pódense formalizar de xeito presencial no Concello ou chamando por teléfono ao 982 37 01 09 ata o xoves 24 de outubro ás 15:00 horas.

A ruta está aberta ao público en xeral, pero os menores terán que ir acompañados dunha persoa adulta.

O programa ‘Guitiriz en Ruta’ contará con dúas rutas máis neste 2024, sendo as seguintes o domingo 24 de novembro (Ruta do río Mendo) e o domingo 22 de decembro (Ruta do río Requeixo).