O pasado domingo 8 de setembro celebrouse en Guitiriz o Día da Bici, un evento organizado polo Concello e polo club Btteiros Cova da Serpe. Unha xornada para os amantes dos pedais na que participaron preto de 60 persoas de todas as idades, desde nenos de 3 anos ata deportistas máis veteranos.
O evento iniciouse con dúas rutas en bicicleta polos dous percorridos propostos pola contorna do Concello de Guitiriz. O primeiro tiña unha duración de 9 quilómetros e atravesaba o Balneario, mentres que o segundo tiña unha duración de 20 quilómetros e pasaba por Parga, a Fonte de Valdovín, a Ruta da Auga e o Balneario.
Tras as rutas, os participantes puideron repoñer forzas no avituallamento do Balneario de Guitiriz. Posteriormente celebráronse outras actividades, como unha xincana e un circuíto de pump track. Xa para rematar a xornada do Día da Bici os asistentes desfrutaron duns pinchos cortesía do Concello de Guitiriz.
0 Comments
Leave A Comment