Background

Ximnasia de rehabilitación

Recupera a túa forza e mobilidade con ximnasia de rehabilitación en Guitiriz.

As nosas sesións están deseñadas para axudar a persoas que están en proceso de recuperación física tras lesións ou ciruxías. Con exercicios suaves e adaptados, traballamos para fortalecer os músculos, mellorar a flexibilidade e restaurar a funcionalidade.

Únete ao noso equipo de profesionais comprometidos e comeza o teu camiño hacia a recuperación completa. En Guitiriz, estaremos contigo en cada paso do proceso de rehabilitación.

Para poder inscribirte nas actividades deportivas accede á Sede electrónica do Concello e cubre unha Instancia xeral.

Parga

Un único grupo, martes e xoves de 10 a 11 horas na Escola de Parga do Campo da Feira. Máximo 10 e mínimo 7 participantes.

Guitiriz

Dous grupos: un grupo, martes e xoves de 11:15 a 12:15h, e outro grupo, martes e xoves de 12:15 a 13:15h, na aula da primeira planta da Casa Barxa. Máximo 10 e mínimo 7 participantes.

Novas sobre Ximnasia de rehabilitación

Eventos sobre Ximnasia de rehabilitación