Motor: I Rallymix Concello de Guitiriz – Gran Premio Deputación de Lugo
junio 19, 2026
O programa arrancará o venres 19 de xuño coas verificacións administrativas e técnicas opcionais. O sábado 20 celebraranse as verificacións oficiais, os recoñecementos e as tres primeiras mangas cronometradas, rematando a xornada coa entrega de premios do “Súper Sábado”. Xa o domingo 21 disputaranse as dúas pasadas finais e a posterior entrega de premios da clasificación xeral.