Publicado os listados de persoas admitidas e persoas en lista de agarda nas prazas vacantes das Escolas Deportivas Municipais 2026/2027.

Os listados das persoas admitidas e en lista de agarda están elaborados por actividade e por rigorosa orde de rexistro
de entrada no Concello.

Vaise abrir un novo prazo de inscrición para cubrir as vacantes que quedan nas diferentes actividades e para novos
grupos: dende o luns 21, ás 8:30 horas, ata o venres 25 de setembro de 2026, ás 14.30 horas.

As persoas admitidas que se queiran dar de baixa e non empezar as clases, poden facelo ata o día antes de iniciar a
actividade correspondente, pero están obrigadas igualmente a aboar a cota de matrícula.

No caso de haber baixas nos distintos grupos, as prazas libres iranse cubrindo coas persoas da lista de agarda por
rigorosa orde de rexistro de entrada.