Andainas: Ruta O Vicedo-Espasante (Guitiriz en Ruta)


septiembre 28, 2025

O programa Guitiriz en Ruta 2025 volve este domingo, 28 de setembro, logo do parón realizado durante os meses de verán. Nesta ocasión, as e os participantes realizarán o percorrido O Vicedo-Espasante, correspondente á etapa 7 do Camiño Natural da ruta do Cantábrico.

A ruta consistirá nunha andaina duns 20 quilómetros de dificultade baixa, que se desenvolverá durante toda a xornada. As persoas participantes poderán gozar das espectaculares vistas do litoral e realizarán o xantar durante o propio percorrido, polo que é moi importante levar comida, bebida e calzado cómodo.

O itinerario comezará no porto do Vicedo e rematará no porto de Espasante (Concello de Ortigueira), pasando por lugares emblemáticos como os acantilados de Loiba ou o porto do Barqueiro. Gran parte da andaina discorrerá bordeando o mar, atravesando acantilados e praias. A saída do autobús está programada para as 9:00 horas desde a Praza do Campo da Feira de Guitiriz, coa chegada prevista arredor das 19:00 horas.

Campo da Feira de Guitiriz
Guitiriz, 27300 Guitiriz, Lugo
Guitiriz, Lugo 27300
España

Ver calendario completo