Andainas: Ruta do Muíño da Ruxida (Guitiriz en Ruta)


marzo 30, 2025

O domingo 30 de marzo dará comezo a sétima edición do programa ‘Guitiriz en Ruta’. Farao cunha saída pola Ruta do Muíño da Ruxida, que conta cun percorrido aproximado de 12 quilómetros.

A saída está prevista para as 10 horas desde A Modia, na parroquia de Vilar. O percorrido atravesará os montes das parroquias de Vilar, As Negradas e Parga, pasando tamén por un anaco do Camiño Norte de Santiago.

Ao ser unha andaina polo concello, as inscricións son gratuítas. Poden formalizarse de forma presencial no Concello ou chamando por teléfono ao 982 37 01 09. O prazo para anotarse estará aberto ata o xoves 27 de marzo ás 15:00 horas.

 

Ver calendario completo