Motor: XXI Rally Rías Altas Clásico
–
octubre 4, 2025
O próximo sábado, 4 de outubro, celebrarase o XXI Rally Rías Altas Clásico no Concello de Guitiriz, organizado coa colaboración do Moto Club Coruña Escudería Centollo e o Iberik Gran Balneario de Guitiriz. A tradicional proba dará comezo a partir das 16:00 horas, con saída desde a praza do Campo da Feira de Guitiriz e chegada ao Gran Balneario, sobre ás 20:35 horas.
Sobre as 14:30 chegarán os coches ao punto de saída. Durante a mañá os participantes competirán nun simulador, situado na praza do Campo da Feira de Guitiriz, que estará dispoñible para a veciñanza de 16:00 a 19:30 horas.

Campo da Feira de Guitiriz