Pádel: Inicio Liga de Pádel do Concello de Guitiriz


enero 13, 2025

O luns 13 de xaneiro dará inicio a nova Liga de Pádel do Concello de Guitiriz. As parellas participantes xogarán un partido cada 10 días aproximadamente ata o próximo 31 de maio, cando concluirá esta primeira edición. Todos os partidos disputaranse nas dúas pistas de pádel situadas na Nave do Senpa. A clasificación e os resultados dos encontros estarán dispoñibles na aplicación ReservaPlay (https://guitiriz.reservaplay.com/).

Pódese consultar toda a información en: https://deportes.concellodeguitiriz.com/nova-liga-de-padel-do-concello-de-guitiriz/

 

Instalacións Deportivas Municipais - Pista Pádel (Nave do Senpa)
Rúa Xermolos, 27300 Guitiriz, Lugo

Ver calendario completo