Atletismo: XVI Carreira Popular Guitiriz Termal


abril 19, 2026

As probas desenvolveranse ao longo da mañá, con saída da andaina ás 10:00 horas e das distintas carreiras a partir das 12:00 horas, incluíndo percorridos adaptados para as categorías de menores e unha carreira absoluta de 5 quilómetros. A entrega de premios terá lugar arredor das 13:30 horas.

Como ben sendo habitual na proba, este ano tamén haberá compromiso social, xa que 1 euro de cada inscrición destinarase á asociación Somos Unidos Contra el Cáncer, habilitándose ademais unha fila cero para achegas voluntarias, ainda que con esta fila cero non se poderá participar na proba deportiva.

As inscricións estarán abertas ata o 15 de abril ás 23:59 horas a través da plataforma ChampionChip Norte. A participación será gratuíta nas categorías de menores, mentres que a carreira absoluta terá un custo de 5 euros máis aluguer de chip para quen non dispoña del, e a andaina terá un custo de 3 euros para persoas adultas, sendo gratuíta para menores.

No caso de realizar a inscrición o mesmo día da proba, os prezos incrementaranse ata os 10 euros para a carreira e 5 euros para a andaina. A recollida de dorsais e chips realizarase o mesmo día da proba entre as 10:30 e as 11:30 horas no Campo da Feira.

Para facilitar a participación, habilitaranse distintos servizos como duchas no Pavillón Municipal a partir das 12:30 horas, zonas amplas de aparcadoiro nas inmediacións, servizo de ambulancia con médico no Campo da Feira e avituallamento con auga e froita, ademais dun agasallo para os participantes.

Campo da Feira de Guitiriz
Guitiriz, 27300 Guitiriz, Lugo
Guitiriz, Lugo 27300
España

Ver calendario completo