Btt: Ruta do Lado Oscuro
octubre 12, 2025
O programa ‘BTTeando por Guitiriz’ retoma a súa actividade este domingo, 12 de outubro, logo do parón estival, coa celebración da Ruta do Lado Oscuro. O programa, posto en marcha polo Concello de Guitiriz en colaboración co Club Btteiros Cova da Serpe, ofrecerá nesta ocasión un novo percorrido pensado para os afeccionados á bicicleta de montaña.
A ruta terá unha distancia aproximada de 20 quilómetros e uns 200 metros de desnivel, cun itinerario que discorrerá polas pistas das parroquias do Buriz, Labrada e Os Vilares. A saída está prevista para as 10:00 horas desde o Campo da Festa do Buriz.
As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o xoves, 9 de outubro, a través dun formulario en liña.
