Tiro con arco: III Trofeo Concello de Guitiriz


abril 25, 2026

O Pavillón Municipal Jonathan Carro Paz acollerá este sábado, 25 de abril, a celebración do III Trofeo Concello de Guitiriz de Tiro con arco.

A competición está organizada polo Club de Tiro con Arco Guitiriz, contando coa colaboración do Concello, e reunirá a arqueiros e arqueiras nunha xornada deportiva que busca fomentar esta disciplina no municipio.

O evento dará comezo ás 17:00 horas coa recepción dos participantes. A continuación, desenvolveranse catro quendas de adestramentos previas ao inicio da competición oficial.

Pavillón Municipal Jonathan Carro Paz
Rúa do Carme, 31, 27300 Guitiriz, Lugo

Ver calendario completo